Up the Lazy River

Atrás
Manfred Kirchheimer , 31', 2021, USA

Elaborada a partir da interminable serie de imaxes que Kirchheimer e Walter Hess filmaron nunha Bolex en 16 mm, Up the Lazy River é a conclusión do tríptico iniciado con Dream of a City e Free Time. Desde un principio consistente nun emparellamento de imaxes de rochas chantadas en plena paisaxe urbana e doutras situadas fóra da cidade, empeza a formarse a conexión entre a fermosura da urbe e o mundo natural. Por enriba hai modernos rañaceos e, por debaixo, coches de cabalos. A cinta está chea de motivos que Kirchheimer fixo seus: a cámara que se despraza maxestosa entre os edificios, apuntando ao ceo, coa luz a reflectirse nos vidros, filmando a fronte dos establecementos comerciais e a vida diaria segundo percorre as rúas, sempre cunha abraiante capacidade que lle permite captar pequenos momentos entre veciños e as faces dunha metrópole, para chegar á súa culminación co extático son de Louis Prima e os tranquilos sons do río. Miren con atención: alcanzarán mesmo a ver fugazmente o propio Manny.

ENTRADAS

Share

Facebook Twitter Pinterest