UN CEO IMPASIBLE

Volver
David Varela, 81', 2021, España
Dirección: David Varela
Produción: Rocío Cabrera
Fotografía: Raquel Fernández
Montaxe: David Varela
Música: Jonay Armas
Con: Jimena Gómez de Diego, Paula Gordils Carrillo, Andrea Lázaro Pacios, Jacobo Llavona Pastor, Ricardo Castellano Ruíz de la Torre, Ernesto Viñas

Estrea galega

Zona oeste de Madrid. Lugar onde aconteceu unha das batallas máis cruentas e mortíferas da Guerra Civil Española. Un grupo de adolescentes investiga, recita e debate sobre os testemuños dos  soldados que loitaron durante eses terribles días; fan súas as vivencias dos veteranos e os mortos.

Mentres, o filme muta, adáptase e constrúe a través da súa mirada: unha nova xeración que se abre ao diálogo e revisa criticamente a escola e a memoria histórica dun país en permanente polarización.

ENTRADAS

Share

Facebook Twitter Pinterest