THAMP̄ (A CARPA DE CIRCO)

Atrás
Aravindan Govindan, 129', 1978, India
Director: Aravindan Govindan
Guión: Aravindan Govindan
Fotografía: Shaji N. Karun
Son: Devadas
Montaxe: A. Rameshan
Música: Kavalam Narayana Panicker and M.G. Radhakrishnan
Production company: General Pictures, Kollam, Producer: K. Ravindranathan Nair
Con: Bharath Gopi, Nedumudi Venu, D. P. Nair, Sreedharan Chambad, Jalaja, Murikkoli Krishnan, Shreeraman, Kottara Gopalakrishnan, Njeralath Rama Poduval, Artistes of the Great Chitra Circus, Residents of Thirunavaya village on the river Bharathapuzha.

“Restaurada por Film Heritage Foundation, The Film Foundation’s World Cinema Project e a Fondazione Cineteca di Bologna en Prasad Corporation Pvt. Ltd’s Post – Studios, Chennai e no laboratorio de L’Immagine Ritrovata Laboratory en Bologna, en colaboración co produtor K. Ravindranathan Nair de General Pictures, e a familia de Aravindan Govindan.”

Thamp̄ é unha película poética e alegórica que explora con delicadeza a transitoriedade das relacións humanas e o desarraigamento dos marxinados. A chegada dunha compañía de circo ambulante nunha bucólica aldea desencadea unha serie de efectos. Ao estilo cinéma-vérité, Aravindan formou unha troupe de verdadeiros artistas circenses e viaxou con eles ata o pobo de Thirunavaya nas marxes do río Bharathapuzha. O primeiro día montouse a carpa e convidouse a todos os habitantes da aldea para ver o espectáculo.

ENTRADAS

Share

Facebook Twitter Pinterest