LITTLE BOY

Atrás
Danny Lyon, 54', 1977, USA
Unha película de Danny Lyon
Montaxe e son: Paul Justman
Subvencionado polo National Endowment for the Arts

Estrea internacional

A bomba Little Boy lanzada sobre as xentes de Hiroshima, foi deseñada e probada en Novo México, non lonxe de Bernalillo, unha cidade deprimida e destartalada ao norte de Alburquerque onde Lyon construíu unha casa de adobe para a súa familia a comezos dos anos 70. Pero hai outro  little boy chamado Willie Jaramillo. Aos dezaoito anos acaba de saír da prisión por unha serie de delitos menores. Mentres Lyon rolda as rúas preguntando a veciños e amigos por Willie ou por eles mesmos, a película regresa á súa infancia, idílica en comparación co presente, e a historia dun home emerxe con máis importancia que a propia bomba atómica.

ENTRADAS

Share

Facebook Twitter Pinterest