LIQUID GROUND

Atrás
Enar de Dios, 31', 2021, Austria
Dirección: Enar de Dios
Música: nara is neus, Valentí Adell

Aínda que os océanos constitúen máis do 70% da Terra, ata o de agora só se cartografou unha parte moi pequena dos fondos mariños. Porén, nos últimos anos, a cartografía destes espazos acelerouse por mor dos diferentes intereses económicos, xeopolíticos e científicos, decididos a construír un “novo continente” para ser explorado e explotado baixo do mar. Liquid Ground é un videoensaio que ten como eixe temático os fondos mariños e a súa cartografía actual para falar de colonialismo, ecoloxía e representación. Formado por unha gran variedade de material atopado —desde as ilustracións da primeira expedición oceanográfica mundial ata as tecnoloxías e visións actuais relacionadas cos océanos— Liquid Ground funciona coma un recordatorio das terras líquidas que, en realidade, nos sosteñen e compoñen. Ademais, é un chamamento a desobedecer a estabilidade das liñas arbitrarias, extractivas e limitadoras que se trazan sobre o espazo. Como calquera outra forma de coñecemento, Liquid Ground é tamén un conxunto de enigmas.

ENTRADAS

Share

Facebook Twitter Pinterest