La Noire de…

Atrás
Ousmane Sembène, 65', 1966, France-Senegal
Baseada nunha novela de Ousmane Sembène
Director: Ousmane Sembène
Produtor: André Zwoboda
Fotografía: Christian Lacoste
Montaxe: André Gaudier
Reparto: Mbissine Thérèse Diop, Anne-Marie Jelinck (Señora), Robert Fontaine (Señor), Momar Nar Sene (Noivo), Ibrahima Boy (Neno con máscara).

Diouana (interpretada maxistralmente por Mbissine Thérèse Diop), é unha moza senegalesa que viaxa a Francia para traballar supostamente como aia na casa dunha familia branca de clase media. Unha vez alí descubrirá que as súas tarefas domésticas son outras, someténdoa a unha sorte de escravitude. A loita de Diouana contra a súa crecente deshumanización serve de alegoría para expoñer as complexidades do post-colonialismo, ao mesmo tempo que aborda cuestións máis amplas sobre xénero, raza, identidade, clase, dominación cultural e explotación. A medio camiño entre a narración tradicional africana, o neorrealismo e o cinema experimental, A Noire de (A negra de) está considerada como a primeira película realizada por un director negro na África subsahariana, e a primeira en ter a unha muller como protagonista. Esta magnífica e enormemente celebrada ópera prima, dirixida por Ousmane Sembène, recibiu o prestixioso galardón Jean Vigo en 1966.

*Restaurada en 2015 polo Filme Foundation’s World Cinema Project en colaboración co Sembène Estate, Institut National de l’Audiovisuel, INA, Eclair laboratories e o Centre National de Cinématographie. Restauración levada a cabo na Cineteca dei Bologna/ L’Immagine Ritrovata laboratory.

Share

Facebook Twitter Pinterest
Tui