ESCRIBIR O IMPOSIBLE

Atrás
Simone G. Saibene, 64', 2021, Spain
Dirección: Simone G. Saibene
Produción: Simone G. Saibene
Guión: Simone G. Saibene
Fotografía: Jairo Iglesias
Montaxe: Fran Barba
Música: Paolo ‘Apollo’ Negri
Con: Juan Tallón, Marta Vázquez, Helena Tallón Vázquez, Andrea Aguilar, Pablo Araujo, Ramón Tallón

Juan Tallón (Vilardevós, Ourense 1975) pasa todo o día escribindo, especialmente cando non escribe. Colabora con El País, Jot Down, El Progreso e Cadena Ser. Publicou sete novelas. En 2020, dúas semanas antes do confinamento, presentou ‘Rewind’ (Anagrama), un libro ambientado en Lyon sobre a fraxilidade da vida, os golpes inesperados e as cousas que se perden para sempre. Este documental narra a historia do proceso de creación de ‘Rewind’, da súa última novela ‘Obra maestra’, e de como a nova realidade acabou apoderándose da ficción.

ENTRADAS

Share

Facebook Twitter Pinterest
Tui