DAL PIANETA DEGLI UMANI (DO PLANETA DOS HUMANOS)

DAL-PIANETA-DEGLI-UMANI
Volver
Giovanni Cioni , 82', 2021, Belgium-Francia-Italy
Dirixido por Giovanni Cioni
Montaxe: Philippe Boucq
Fotografía: Giovanni Cioni
Produción: Enrica Capra, Isabelle Truc, GraffitiDoc
Son: Fabio Zenoardo, Emmanuel de Boissieu, Saverio Damiani

Unha inspección na fronteira de Ventimiglia, entre Italia e Francia, convértese nun fantástico conto de fadas narrado por un coro de ras, no que un científico experimenta con técnicas de rexuvenecemento utilizando testículos de mono. O Doutor Voronoff existiu e foi unha persoa real, que nos tolos anos vinte gozaba de fama mundial. Dedicábanlle cancións que se cantaban no Folies Bergères de Paris, e sambas nos entroidos de Rio de Janeiro. Mikhail Bulgakov inspirouse nel para escribir “Corazón de can”. E Mussolini declarou que quería “ Voronoffizar” toda Italia… A súa vila atópase aínda na fronteira onde miles de inmigrantes foron detidos.

ENTRADAS

Share

Facebook Twitter Pinterest