Longametraxes

BIG-IN-CHINA

BIG IN CHINA. Georges and the Vision Machines

Dominic Gagnon, 74', 2020, Canadá
Unha película de Dominic Gagnon

Durante máis de 10 anos, Georges, un home branco francés, produciu preto de 2.000 vídeos en Changsha, en China continental. Ao comezo os seus vídeos eran do tipo bromas pesadas pero cos anos o seu estilo e a súa maneira de producir volveuse máis enérxica e directa. Etiquetas: computadores, robots, redes sociais, vixilancia, liberdade de expresión, xustiza social, medio ambiente, cultura, arquitectura, economía, nacionalismo, racismo. Un día  Georges métese en problemas coas autoridades e é expulsado do país.

ENTRADAS

DAL-PIANETA-DEGLI-UMANI

DAL PIANETA DEGLI UMANI (DO PLANETA DOS HUMANOS)

Giovanni Cioni , 82', 2021, Belgium-Francia-Italy
Dirixido por Giovanni Cioni
Montaxe: Philippe Boucq
Fotografía: Giovanni Cioni
Produción: Enrica Capra, Isabelle Truc, GraffitiDoc
Son: Fabio Zenoardo, Emmanuel de Boissieu, Saverio Damiani

Unha inspección na fronteira de Ventimiglia, entre Italia e Francia, convértese nun fantástico conto de fadas narrado por un coro de ras, no que un científico experimenta con técnicas de rexuvenecemento utilizando testículos de mono. O Doutor Voronoff existiu e foi unha persoa real, que nos tolos anos vinte gozaba de fama mundial. Dedicábanlle cancións que se cantaban no Folies Bergères de Paris, e sambas nos entroidos de Rio de Janeiro. Mikhail Bulgakov inspirouse nel para escribir “Corazón de can”. E Mussolini declarou que quería “ Voronoffizar” toda Italia… A súa vila atópase aínda na fronteira onde miles de inmigrantes foron detidos.

ENTRADAS

DisturbedEarth

DISTURBED EARTH

Kumjana Novakova, Guillermo Carreras Candi , 72', 2021, Bosnia and Herzegovina-Macedonia-España
Dirixido, escrito e producido por Kumjana Novakova, Guillermo Carreras Candi
Montaxe: Jelena Maksimovic
Produtora: Atzucac Films, Pravo Ljudski, TV3
Fotografía: Kumjana Novakova, Guillermo Carreras Candi
Son: Oriol Gallart

Un espazo en silencio, onde o pasado capturou o presente.
Tomando o control, capa por capa, a dor colectiva entra na paisaxe, no espazo, na cidade.
Finalmente entra en nós.
Srebrenica convértese nunha realidade de hoxe en día, e nosa propia realidade.

ENTRADAS

Esquirlas-800

ESQUIRLAS

Natalia Garayalde , 69', 2020, Argentina
Escrito e dirixido por Natalia Garayalde
Montaxe: Julieta Seco, Martín Sappia
Producción: Eva Cáceres

O 3 novembro de 1995 estalou a industria emblema da miña cidade, a Fábrica Militar de Río Tercero, Córdoba. Miles de proxectís disparáronse contra o pobo que os producía. Con 12 anos, mentres tentaba escapar das explosións, rexistrei a destrución da miña cidade cunha cámara de vídeo. Vinte anos despois atópome con eses arquivos. A ameaza do polo industrial e militar aínda persiste no presente.

ENTRADAS

TAXI

NO TÁXI DO JACK

Susana Nobre , 70', 2021, Portugal
Dirixido por Susana Nobre
Montaxe: João Rosas, Susana Nobre
Producido por João Matos, Terratreme
Fotografía: Paulo Menezes aip
Son: João Gazua

Aos seus 63 anos e case xubilado, Joaquim vese obrigado a cumprir as regras da oficina de emprego para poder cobrar o paro. A pesar de saber que nunca máis vai volver a traballar, ten que ir de empresa en empresa pedindo selos que atestigüen que pasou por aí buscando traballo. Nestes traxectos rememora a súa vida como inmigrante nos Estados Unidos, onde traballou como taxista na cidade de Nova York e onde presenciou numerosas caídas da bolsa de Wall  Street.

ENTRADAS