ENCONTRO CON CREA: CINEMA-ARTE INTERSECCIÓNS

CREA_VIDEOART

20:00h – PRAZA DO PRACER

Xunto con os video creadores participantes no proxecto de intervención audiovisual do espazo urbán ‘Cinema Percorridos’, analizaremos as derivas do traballo cinematográfico máis aló das pantallas. As novas linguaxes e narrativas audiovisuais que son exploradas por artistas e cineastas que expanden os seus límites.

Neste encontro, organizado por CREA, a Asociación galega de profesionais da dirección e realización, participarán os seguintes creadores: Roi Fernández, Miriam Rodríguez, Laura Iturralde,  Bego M Santiago e Adrián  Canoura, acompañadas pola comisaría do proxecto,  Xisela Franco.

ENTRADAS