Día do Cinema Doméstico

dia-cine-domestico_1

Martes 1 de maio | 20:30h  | SALA 1

O Día do Cinema Doméstico (Home Movie Day) é un evento cinematográfico que recupera e proxecta películas de Súper 8 para lembrar as vivencias familiares dos anos 60, 70 e 80.

Tras localizar e dixitalizar 7.000 metros de película esquecidas en trasteiros e bufardas de Tui, o Play Doc, xunto á Cinematográfica e Cafés Candelas, organizan a proxección cunha selección de materiais filmados durante aqueles anos. É unha oportunidade emocionante para reunir á comunidade e compartir as películas que retratan a historia familiar dos habitantes de Tui, dando a importancia persoal, histórica e social que merece o cinema doméstico.

Tui