DIA DO CINEMA DOMÉSTICO. COLECCIÓN CARLOS DAGÁ.

dia-do-cine-domestico

O cinema, desde os seus inicios, non deixou de virar a cámara “cara a dentro” con necesidade de narrar a realidade máis íntima, privada e próxima. Desde entón ata o de agora, 120 anos despois, seguimos retratando a familiares e amigos con gravacións domésticas, agora con teléfonos, antes con cámaras de cinema en  Súper8.

Rescatar, dixitalizar e clasificar cinema doméstico para darlle o valor que ten como patrimonio cultural, é un dos propósitos do MOCA, Museo  Online de Cinema  Autobiográfico. Un proxecto que naceu a principios do 2020 da man de Cafés Candelas e La Cinematográfica, e que se presenta como un espazo de encontro, de creación e de investigación ao redor de traballos de cinema documental que parten da escritura  autobiográfica e a exploración da memoria, as relacións coa familia, a procura da identidade individual e a indagación do arquivo familiar.

MOCA vén presentar en Play-Doc unha das súas primeiras coleccións de cinema doméstico dixitalizadas. Trátase da colección filmada por Carlos Dagá Escribano, veciño de Tui que non só filmou a vida do seu familiares e amigos, senón que tamén levou o súa cámara Súper 8 a diferentes momentos da vida tudense, como a inauguración do Casino en 1975, a rapa das bestas de Mougás ou o desfile de  majorettes durante as festas de San Telmo no ano 73. Poderemos ver, ademais, imaxes inéditas do escultor Juan Oliveira traballando no seu taller.

Unha oportunidade para reunirse e entrar en contacto co recordo colectivo, coa historia e as tradicións que representan o patrimonio da nosa cidade.

VENRES 25 SEPT – 21:30h PRAZA DO PRACER  

ENTRADAS

DOMINGO 27 SEPT –  21:30h PRAZA DO PRACER  

ENTRADAS

 

Café Candelas
MOCA