Daniel Domínguez

daniel-dominguez

Daniel Domínguez Pérez (Tui, 1955 – Corrubedo, 2020) foi un mestre xeneroso, un guionista brillante e un cineasta apaixonado.  Foi un dos autores de series de televisión e películas como Mareas Vivas,  As leis de Celavella, Pais Casares,  Miña sogra máis eu, A vida por diante e Branca Madison, entre outras. No ano 2002 recibiu o premio Mestre Mateo ao mellor guión por Terra de Miranda. Foi un dos fundadores da Escola de Imaxe e Son de a Coruña e a súa erudición cinéfila quedou patente nas súas numerosas colaboracións como crítico de cine, pero sobre todo no seu excelente blogue La escuela de los domingos. Pioneiro e figura clave do cinema e do audiovisual galego, Daniel Domínguez será sempre unha importante referencia e unha inspiración para todos nós.

Nesta edición queremos lembrarlle con agarimo coa proxección da súa película Río de sombras, rodada en Tui en 1986, e farémolo acompañados da súa familia, amigos e compañeiros.

RIO-DE-SOMBRAS

RÍO DE SOMBRAS

Daniel Domínguez, 21', 1986, España
Director: Daniel Domínguez
Baseado nun conto de José Luis Méndez Ferrín
Guión: Daniel Domínguez, Raúl Francés
Director de fotografía: Javier Serrano
Produtores: Ángeles García , Sonido: Cruz Risco
Produtora: A SERPE DO CARAVEL P.C.
Intérpretes: Julio Rodríguez, Roberto Fernández, José Luis González, Tete Delgado, Pepe de Mosende, Uxía Senlle , Tutucho , Raúl Francés , Alberto Comesaña , Ramón Domínguez.

Un xornalista e un fotógrafo cobren a información dun crime na fronteira. Ningún dato que engadir ás fotos. O xornalista tenta artella-la reportaxe. Suso, un mecánico, procura a complicidade do seu axudante, Lolo, para cobrar unha factura pendente a Arístides -o contrabandista- que manten baixo o seu poder a Celia, a costureira, a cambio de face-la vista gorda a súa familia na represión -nos tempos das cunetas-, Celia dispón os fíos da arañeira. Cando chega a noite, as sombras enredan os fíos dos que pendura o crime da fronteira.

Subvencionada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia

Estrea: Centro Cultural Caixa Vigo, 13 de novembro de 1986.

Mención Especial no Festival de Alcalá de Henares

ENTRADAS