CONVOCATORIA ABERTA

17 Nov 2016
la-foto-3

DATA LÍMITE DE ADMISIÓN 15 DE XANEIRO 2017

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais, é un festival independente cuxos principais obxectivos son achegar ao público un cinema esencial e de difícil acceso, e xerar espazos para o diálogo e o intercambio. Cada ano, Play-Doc ofrece unha coidada selección das últimas tendencias do cinema de non ficción a unha audiencia aberta, heteroxénea e numerosa.

 

A convocatoria para participar na 13ª edición de Play-Doc, que terá lugar en Tui do 22 ao 26 de marzo de 2017, permanecerá aberta ata o 15 de xaneiro de 2017.

 

INSCRICIÓN, BASES E REQUISITOS

 

Todos os filmes inscritos a preselección non deberán ter sido estrenadas antes de xaneiro de 2016.

 

Todos os filmes inscritos a preselección serán considerados tanto para as categorías a competición como para as non competitivas. Será a dirección artística do festival a que realice a selección avaliando cada filme en base á súa calidade e creatividade.

 

As películas seleccionadas a competición optarán a un premio en metálico.

 

A inscrición deberá facerse online a través da nosa páxina web www.play-doc.com

 

 

, , , , ,

Share

Google Plus Facebook Twitter Pinterest