Competición

Transitando polos numerosos camiños que conducen da realidade á ficción, as seis películas que conforman este programa teñen como denominador común a construción da memoria. Unha memoria –ben sexa persoal ou colectiva, familiar ou histórica–, que se fabrica a partir de numerosos fragmentos: fotografías, rexistros sonoros, palabras escritas ou imaxes en movemento. Multiplicidade de pezas de diferente índole e unha variedade de medios e formatos que flutúan entre o pasado e o presente, a presenza e a ausencia, o real e o imaxinario. Películas que son todas elas, cada unha á súa maneira, unha homenaxe, unha ofrenda e unha sincera declaración de amor.

a-story-of-africa

A STORY FROM AFRICA

Billy Woodberry, 32'', 2019, Portugal-EUA
Director: Billy Woodberry
Produción: Billy Woodberry , Rui Alexandre Santos, Divina Comédia
Investigación: Teresa Andrade
Montaxe: Luís Nunes
Música e son: António de Sousa Dias
Edición de textos: George Hodak

Trala resolución da Conferencia de Berlín de 1885 sobre a partición de África polas potencias coloniais europeas, o exército imperial portugués procede á ocupación efectiva dos territorios do sur de Angola, conquistados en 1907 ao pobo cuamato. A través do arquivo fotográfico destinado a comprobar a ocupación, Unha Historia de África dá vida á tráxica historia do nobre cuamato Calipalula, cuxo papel foi esencial no desenvolvemento da campaña de pacificación portuguesa. Con esta película experimental, Woodberry trata de desatar a violencia que conteñen as imaxes así como de subverter o que a primeira vista sería entendido como unha mirada colonialista.

a-volta-ao-mundo

A VOLTA AO MUNDO QUANDO TINHAS 30 ANOS

Aya Koretzky, 111'', 2019, Portugal
Dirección y Fotografía: Aya Koretzky
Sonido y consultor de guión: Miguel Clara Vasconcelos
Producción: Joana Ferreira, Isabel Machado
Productora: C.R.I.M.
Montaje: Tomás Baltazar
Con: Jiro Koretzky, Anna Koretzky, Ary Koretzky de Vasconcelos, Kate Saragaço-Gomes

Retrato dun pai visto polos ollos da súa filla en forma de álbum de fotos. Un diario de viaxe de 1970, comezando en Xapón e polo mundo enteiro. Pai e filla intercambian pensamentos sobre as lembranzas das palabras escritas e as vellas fotografías, compartindo o desexo de traelas ao tempo presente.

carelia

CARELIA: INTERNACIONAL CON MONUMENTO

Andrés Duque, 90'', 2019, España
Dirección y Produción: Andrés Duque
Son, Fotografía e Montaxe: Andrés Duque

As árbores sono todo. Nun asentamento preto da fronteira entre Rusia e Finlandia, unha familia mantén vivos tradicionais rituais chamánicos. Os nenos xogan no mesmo bosque onde fotos cravadas aos troncos das árbores lembran a sanguenta represión de Stalin. Política e espiritualidade atópanse nesta intuitiva montaxe de impresións poéticas: arquivo histórico, planos de natureza, escenas familiares e testemuños inquisitoriais que crean unha memoria histórica por medio da imaxinación.

humberto-mauro

HUMBERTO MAURO

André Di Mauro, 90'', 2018, Brasil
Dirección: André di Mauro
Produción: André di Mauro
Productora: DiMauro Films, Canal Brasil
Montaxe e Son: André di Mauro, Renato Valone

Esta película é un tributo ao cineasta Humberto Mauro, considerado como o pioneiro do cinema brasileiro e latinoamericano, e realizado polo seu sobriño neto André di Mauro. Nela móstrase a vida do cineasta a través das súas películas nunha narrativa sensorial cuxo fío condutor é o son dunha entrevista súa realizada nos anos sesenta. Humberto Mauro móstranos a súa marabillosa creatividade, expoñendo as atípicas solucións técnicas ás que chegaba para poder facer as súas películas, e a loita ante os problemas inherentes a ser o primeiro en facer cinema a principios do s. XX nunha pequena cidade do interior de Brasil. A voz de Humberto Mauro penetra o filme, contando historias sobre a vida, a súa visión do cinema e os seus descubrimentos, levándonos atrás no tempo, á historia do cinema, e lembrándonos, como el mesmo di, que «o cinema é unha fervenza».

introduzione-all-oscuro

INTRODUZIONE ALL’OSCURO

Gastón Solnicki, 72'', 2018, Argentina-Austria
Dirección: Gastón Solnicki
Produtora: Filmy Wiktora, Rei Cine, Little Magnet Films, KGP
Produción: Benjamín Domenech, Santiago Gallelli, Matías Roveda, Paolo Calamita, Gastón Solnicki, Gabriele Kranzelbinder
Son e Montaxe: Alan Segal
Con: Han-Gyeol Lin, Alexandra Prodaniuc, Karin Krank, Gastón Solnicki, Ka-Ming Man, Walter Bergman, Alan Segal

Un home deambula polas rúas de Viena, guiado polo recordo dun amigo que morreu recentemente. Os vestixios do unha vez suntuoso imperio son o escenario para a elexía cinematográfica e unha escura celebración da vida. Unha homenaxe. Unha película inspirada pola tenrura e o humor. Unha ficción espontánea, concibida como unha postal cinematográfica composta por pequenas pezas e arquivos persoais. Unha misteriosa unión de elementos opostos e a idea do «espectral» nunha película que tenta atopar unha resonancia universal nun tema tan persoal.

nona

NONA. SI ME MOJAN, YO LOS QUEMO

Camila José Donoso, 86'', 2018, Chile
Dirección: Camila José Donoso
Produción: Rocío Romero
Productora: Mimbre Producciones, Transparaíso Films, Bubbles Project. Altamar Films, TVZero
Fotografía: Matías Illanes
Dirección de Arte: Nicolás Oyarce
Montaxe: Karen Akerman, Camila José Donoso
Son: Sebastián Arjona, Emilio Torres
Con: Josefina Ramírez, Eduardo Moscovis, Gigi Reyes. Paula Dinamarca

Nona, de 66 anos, unha atípica ama de casa, vive autoexiliada nun pobo costeiro, nun misterioso bosque onde acontecen estraños incendios que se lle atribúen ao Diaño. Cando o vento e o Pacífico parecen endemoñados, ela e os seus veciños son testemuñas dun gran incendio forestal que comeza a destruír millóns de hectáreas de bosque ao sur de Chile. O ceo énchese de fume, o pobo asústase con cada alarma de incendio e o caos parece dominar.

Tui