Competición

Going-South-collage-2

Going South

Dominic Gagnon, 104', 2018, Canadá
Dirixido, producido e editado por: Dominic Gagnon
Tags: globalización de afectos, comunidades emocionais, supervivencia, 6º continente, singulari-dade tecnolóxica, claustrofobia global, desterritorialización, desorientación.

Nos seus traballos previos, que presentamos en retrospectiva na pasada edición de Play-Doc, Gagnon demostraba como as teorías da conspiración agroman nun clima de post-verdade, e como enganar aos outros converteuse nun desafío, nun xogo e por último nun hábito. Neste novo proxecto, Gagnon explora o efecto democratizador da Internet en detrimento dos expertos, e a tendencia das redes sociais a pecharnos en cámaras de eco e difuminar os límites entre a realidade e a ficción. Todo isto lévanos á conclusión de que en Internet todo é verdade. Going South é a continuación da controvertida Of the North e a segunda parte dunha tetraloxía que explora os catro puntos cardinais da Internet.

Lamaland-1_G

Lamaland (Teil I)

Pablo Sigg, 91', 2018, México-Switzerland
Escrita, producida e dirixida por: Pablo Sigg
Produtora: SIGGFILM
Produción: Nico Pascal
Fotografía e Son: Pablo Sigg
Montaxe: Emilio del Cañal
Música: Richard Wagner, James Tenney, Friedrich Nietzsche
Con: Friedrich Schweikhart (F), Max Josef Schweikhart (M)

Condenados a vivir en radical illamento no paraíso perdido chamado Nueva Germania, os últimos dous descendentes da colonia aria fundada pola irmá de Friedrich Nietzsche na selva paraguaia son confrontados coa revelación do seu destino último grazas a unha espontánea ruptura na fosilizada orde da súa existencia diaria: como se as potencias escuras do tempo, os deuses do aire e dos elementos reclamasen a fin de quem soñaron un mundo cunha soa historia, unha soa lingua, unha soa deidade, unha soa raza, un só territorio. LAMALAND (Parte I) foi realizada en Nueva Germania, Paraguai, con Friedrich e Max Josef Schweikhart, sobreviventes directos da comunidade utópica imaxinada por Richard Wagner e establecida ao sur do Amazonas a finais do século XIX por Elisabeth Förster-Nietzsche. A ela, pola súa inquebrantable «teima suramericana», o seu irmán Friedrich chamábaa –con afecto sarcástico, quizais– «Llama».

LUDE_Benjamin-path

Les Unwanted de Europa

Fabrizio Ferraro, 111', 2018, Italy-España
Escrito e dirixido por: Fabrizio Ferraro
Produción: Marcello Fagiani, Lluís Miñarro, Fabrizio Ferraro, Fabio Parente
Produtora: Boudu, Eddie Saeta, Rai Cinema
Fotografía: Giancarlo Leggeri, Simone Borgna
Montaxe: Fabrizio Ferraro
Música: Pau Riba
Con: Euplemio Macrì, Catarina Wallenstein, Pau Riba, Bruno Duchêne, Marco Teti

Entre 1939 e 1940, o sueste dos Pireneos foi testemuña dun auténtico éxodo.
Os refuxiados da Guerra Civil Española cruzaron a fronteira para chegar a Francia e foron concentrados en campos de detención. Un ano despois, o filósofo Walter Benjamin realizou a mesma viaxe no sentido contrario fuxindo da Francia colaboracionista. Un movemento bidireccional próximo aos eventos de hoxe en día en Europa.

TerraFranca_4

Terra Franca

Leonor Teles, 82', 2018, Portugal
Dirixido por: Leonor Teles
Fotografía: Leonor Teles
Produción: Filipa Reis, João Miller Guerra
Produtora: Uma Pedra no Sapato
Montaxe: Luísa Homem, João Braz
Son: Bernardo Theriaga, Rafael Cardoso

Terra Franca retrata a vida dun singular pescador chamado Albertino Lobo en Vila Franca de Xira, unha antiga comunidade de pescadores próxima a Lisboa. Dividido entre a soidade do río e os vínculos familiares que o devolven á ribeira, a película documenta un ano na vida de Albertino e da súa familia, marcado polos preparativos da voda da súa filla maior. De maneira íntima pero sen traspasar nunca unha respectuosa distancia, Leonor Teles captura, nesta súa primeira longametraxe, o final dun ciclo e o comezo doutro.

waldheim_stills_20171128_09

The Waldheim Waltz

Ruth Beckermann, 93', 2018, Austria
Escrito, dirixido e producido por: Ruth Beckermann
Montaxe: Dieter Pichler, Kurt Hennrich
Son: Manuel Grandpierre, Rudi Pototschnig
Documentación: Sebastian Brameshuber, Félix Leemann

Mentiras, verdades, realidades alternativas. Esta película analiza o proceso que acabou por sacar á luz o pasado do ex Secretario Xeral das Nacións Unidas, Kurt Waldheim, como criminal de guerra, por parte do Congreso Xudeu Mundial. Realizado a partir de material filmado pola propia Beckermann e tamén con arquivos de televisións de diversos países, este estremecedor documental amosa o efectiva que resulta a propagada e o discurso político populista para manipular e espertar sentimentos de odio e anti-semitismo na sociedade. The Waldheim Waltz coloca o caso Waldheim nun contexto de política internacional máis amplo. Transcorridos 30 anos, continúa sendo un tema preocupante e de actualidade.

Tui