Sección Oficial

dead-slow-ahead

DEAD SLOW AHEAD

Mauro Herce, 74', 2015, Francia-España
Unha película de Mauro Herce
Fotografía: Mauro Herce
Produción: José Alayón (El Viaje Films), Ventura Durall (Nanouk Films), Jasmina Sijercic, Mauro Herce (Bocalupo Films)
Montaxe: Manuel Muñoz R.
Guión: Manuel Muñoz R., Mauro Herce
Son: Daniel Fernández, Alejandro Castillo, Manuel Muñoz R., Carlos E. García, José M. Berenguer

Un cargueiro atravesa o océano. A hipnótica cadencia das súas engrenaxes revela o continuo movemento da maquinaria devorando os seus traballadores: os últimos xestos do vello oficio dos mariñeiros, desaparecendo baixo o ritmo autómata do s. XXI. Quizais se trate dunha nave á deriva. Ou do último exemplar dunha especie en extinción cos seus motores virando, imparables.

Contacto:
bocalupofilms1@gmail.com

god-bless-the-child

GOD BLESS THE CHILD

Robert Machoian, Rodrigo Ojeda-Beck, 94', 2015, EUA
Director: Robert Machoian e Rodrigo Ojeda-Beck
Fotografía: Robert Machoian
Produción: Robert John Thomas and Laura Heberton
Montaxe: Rodrigo Ojeda-Beck
Guión: Robert Machoian and Rebecca Graham

Cinco irmáns de idades comprendidas entre un e trece anos, pasan un día a soas, sen saber se a súa pouco fiable e deprimida nai marchou para sempre ou non. Harper, a maior e a única moza, coida dos seus irmáns pequenos como sempre fixo, mentres o día se mergulla na fantasía e o caos.

Contacto:
Laura Heberton
lheberton@gmail.com

no-cow-on-the-ice

INGEN KO PÅ ISEN (NO COW ON THE ICE)

Eloy Domínguez Serén, 63', 2015, España-Suecia
Dirixida, producida, filmada e editada por Eloy Domínguez Serén
Super 8 : Pilar Monsell
Son: Ricardo Atienza, Niklas Billström, Johanna Byström, Sara Campanella.

A linguaxe e a paisaxe como portas de entrada a unha nova vida. Un novo realizador galego emigra a Suecia, onde leva a cabo diferentes traballos temporais. A aprendizaxe dun novo idioma e a súa fascinación pola paisaxe sueca, convértense nunha motivación fronte a todas as dificultades. A medida que aprende sobre a cultura, a sociedade e o modo de vida, desenvolve unha nova identidade.

Contacto:
Eloy Domínguez Serén
eloydseren@gmail.com

oleg-y-las-raras-artes

OLEG Y LAS RARAS ARTES

Andrés Duque, 70', 2016, España
Director: Andrés Duque
Fotografía: Carmen Torres
Produción: Marta Andreu, Tània Balló, Serrana Torres, Luis Miñarro.
Montaxe: Félix Duque
Son: Boris Alexseev
Post-produción: Federico Delpero
Música: Oleg Karavaychuk

Oleg Nikolaevich Karavaichuk aos seus 89 anos de idade continúa sendo unha figura controvertida e enigmática para a cultura rusa. Quen é este home que parece sacado dun conto de Gogol? É seica un servo do Tsar Nikolas II a quen lle foi confiado o piano do palacio para manter vivo o espírito doutros tempos? Oleg desafía coa súa arte a identidade do seu país transformándose e reinventándose a cada pouco.

Contacto:
contact@olegthefilm.com

tales-of-two-who-dreamt

TALES OF TWO WHO DREAMT

Andrea Bussmann, Nicolás Pereda, 82', 2016, Canadá-México
Directores: Andrea Bussmann, Nicolás Pereda
Fotografía: Noé Rodríguez, Andrea Bussmann
Produción: Andrea Bussmann, Nicolás Pereda, Dan Montgomery
Produtoras: MDFF, Interior 13
Montaxe: Andrea Bussmann
Guión: Andrea Bussmann, Nicolás Pereda
Son: Dan Montgomery, Alejandro de Icaza

Cunha mestura entre ficción e documental, Historias de dous que soñaron segue a unha familia de xitanos húngaros que solicitaron asilo en Canadá e que viven nun gran complexo habitacional en Toronto. A película rexistra a súa vida cotiá e indaga nos seus soños e esperanzas. A paisaxe arquitectónica do edificio permítenos coñecer a varios membros da familia. Vemos como sofren os efectos do desprazamento e o alleamento mentres loitan por construír unha comunidade nunha contorna allea. A película consta de varios relatos: unha muller que se volveu tola despois de que o seu fillo caeu dun balcón, un can abandonado encerrado nun apartamento, un incendio que acabou con todo un piso do edificio, unha enorme serpe que se escapou e nunca se atopou, un neno que se converteu en ave, e otras historias.

Contacto:
Interior 13
Bruna Haddad
bruna@interior13.com