Cinema Galego

Facer cinema documental na Galiza é froito dun milagre.

Se revisamos a produción de cinema galego dende a creación desta sección en Play-Doc, podemos observar unha evolución na cantidade e na calidade dos traballos, así como nos logros obtidos por eles. Estes filmes fan que a nosa identidade e a nosa forma de entender o que nos arrodea se espallen polo mundo e se amosen como una cultura completa e complexa, sen límites, sen resistencias.

Se quixéramos establecer un fío condutor entre as pezas que conforman esta selección, diversas e variadas en formas e intencións, poderíamos dicir que o que principalmente as vencella é o instinto de supervivencia. Cineastas que fan filmes porque teñen a vontade de querer contar, de amosar o seu universo e o seu xeito de relacionarse con el. Filmes feitos dende a autoprodución, sen apenas apoio institucional, cunha fraxilidade que é vencida pola teima dos cineastas.

Dando os seus froitos: filmes libres.Películas que desafían lo imaginable. Películas inesperadas.

Beli Martínez

ALBERTO-GARCIA-ALIX

Alberto García-Alix. La Línea de la Sombra

Nicolás Combarro, 82', 2017, España
Dirección: Nicolás Combarro
Produción: Miguel Ángel Delgado
Guión: Nicolás Combarro
Fotografía: Miguel Ángel Delgado
Montaxe: Juan Ugarriza, Miguel Ángel Delgado
Música: David García Díaz
Con: Alberto García-Alix

Alberto García-Alix. La línea de sombra é o retrato dun dos autores máis importantes do panorama fotográfico internacional e referente de toda unha xeración. A película é testemuña directa das luces e sombras que o artista tivo que atravesar para atopar o seu camiño. Narrada dende a intimidade do seu estudio, amosa unha viaxe entre presente e pasado, un diálogo entre a súa vida e a súa obra.

 

algunhas-nubes

Algunhas Nubes Flotan Lonxanas

Gonzalo E. Veloso, 6', 2017, España
Dirección: Gonzalo E. Veloso
Son: Carlos Martínez Peñalver

De que xeito funciona a memoria ao lembrar experiencias? A fabulación, o erro, a proxección do que non existe tal como na realidade. Un obxecto sempre supón un suxeito implícito. Deste xeito, este proxecto céntrase na imaxe e na súa correlación coa cousa, pero tamén apela á existencia, a un eu que a experimentou e a lembra. En definitiva, é unha reflexión sobre a identidade a través de momentos pasados fragmentarios.

caeran-lostregos

Caerán Lóstregos do Ceo

Adrián Canoura, 26', 2018, España
Dirección: Adrián Canoura

Nas creencias populares, uns foron demos,
outros esp
íritos intermedios, nin bos, nin ruís.
Como son esp
íritos dos elementos,
dos montes, das fontes,
os xenios dom
ésticos,
as razas m
íticas.

Para a sociedade tradicional, esencialmente rural, o lóstregro é un dos peores males; por iso, atribúeselle ao Maligno e asóciase co demo.

Mística e natureza. Un fenómeno que cabalga entre mito e realidade. O abstracto, o intanxible, o incomprensible. O que xa é previamente e somos incapaces de definir por alusivo. Existe ou non existe?

M

M.

Ángel Santos, 14', 2017, España
Dirección: Ángel Santos
Produción: Ángel Santos, Deputación de Pontevedra

Retrato do pintor pontevedrés Manuel Moldes e os traballos que realiza na preparación dunha retrospectiva sobre a súa obra.

NUEVA_GALICIA_CAPTION_006

Nueva Galicia

Iván Nespereira, 27', 2017, España
Dirección: Iván Nespereira
Montaxe: Vicente Vázquez, Iván Nespereira
Son: David Machado

O océano Atlántico, o río Amazonas, o río Ucayali, o río Abujao. Un barco de colectores, unha barcaza, unha canoa. Unha viaxe buscando o rastro que deixaron migrantes europeos no seu paso polo Amazonas.

elfarerodesalvora

O Fareiro de Sálvora

Gloria Vilches, 11', 2017, España
Dirección: Gloria Vilches
Montaxe: José Antonio Soria

En 1980, Julio Vilches chegou á Illa de Sálvora para traballar como fareiro, un oficio que continuaría desenvolvendo durante 37 anos, ata a recente automatización do faro. Acompañan o relato oral imaxes amateur da illa e o faro filmadas en super8, un soporte de cinema analóxico que comparte co tema dos faros un aire anacrónico.

osalvaxelevaoseutempo

O Salvaxe leva o seu tempo

Oliver Laxe, 26', 2018, España
Dirección: Oliver Laxe

Facer unha película é querer domar o salvaxe, capturalo. Este nos atrae e estimula: un mundo salvaxe, unha vida salvaxe, un amor salvaxe… Esta película é un retrato de seres indomables.

OFV_still01_300pp

Os Fillos da Vide

Ana Domínguez, 69', 2017, España
Dirección: Ana Domínguez
Guión: Ana domínguez
Fotografía: Ángel Rueda
Montaxe: Ana Domínguez, Ángel Rueda
Música: Lucía Rolle
Postproducción de son: Sisco Lariño

Retornando ás súas raíces, Ana Domínguez introdúcese nunha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións: os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e as tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e de quen as habitan, debuxan esta mirada na que etnografía e emoción fúndense nunha revelación das correntes pagás e míticas das bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade e de vida.

SALITRE

Salitre nas Veas

Adrián Canoura, 12', 2017, España
Dirección: Adrián Canoura

O home e o mar son descoñecidos o un para o outro. Do mesmo xeito que o mar agocha tesouros ocultos, o home tamén garda os seus, os seus segredos. O home e o mar loitan contra o tempo, loitan contra a súa extinción, contra a fin de si mesmos. Pero tamén se respectan por igual.

TRINTA_LUMES

Trinta Lumes

Diana Toucedo, 80', 2018, España
Dirección: Diana Toucedo
Produción: Cristina Bodelón, Jaime Otero, Ignacio de Vicente,Diana Toucedo
Cinematography: Lara Vilanova
Fotografía: Lara Vilanova
Montaxe: Ana Pfaff, Diana Toucedo
Son: Ricard Marcet

Alba ten doce anos e desexa descubrir o descoñecido, o misterioso e o fascinante da morte. Co seu mellor amigo Samuel entran en casas abandonadas, percorren pobos destruídos e adéntranse no interior dunhas montañas que agochan outro mundo paralelo. Unha viaxe que parte da inocencia para atopar o misterio da loita entre a vida e a morte.

Tui