Cinema Galego

Cinema Galego

por Beli Martínez

Ao longo dos últimos anos, Play-Doc canalizou o talento de grande parte dos cineastas que traballan en Galicia ao redor do real. Este ano, autores de referencia e consolidados comparten programa con novas voces, cineastas contemporáneos que atopan na non ficción un campo de traballo sobre o que explorar novas formas, técnicas e tecnoloxías.

Superada aquela idea obxectivista de aproximación á realidade, hoxe o documental renóvase e cuestiona as formas tradicionais ofrecendo un horizonte de infinitas posibilidades para o cinema.

Neste senso, a mostra de cinema galego desta edición acolle un discurso sólido, sofisticado e poliédrico. O documental convértese en punto de encontro no que conflúen creadores e creadoras que proveñen de áreas tan dispares como a animación, a fotografía ou o cinema de ficción. Unha vez máis, o cinema do real ten unha función aglutinadora, que mostra a forza e o vitalismo da creación no noso país. Nesta altura, só nos queda lembrar a Rimbaud: «Manter o paso gañado. Hai que ser absolutamente moderno».

AYSHA_FONCORTIZO1

AYSHA

Fon Cortizo, 30', 2017, España
Director: Fon Cortizo
Fotografía: Javier Álvarez
Produción: Fon Cortizo, Alexandre Cancelo.
Música: Fran Márquez

Aysha é una nova e enérxica voz que emerxe con forza en Oriente Medio. A poesía e a creatividade son as súas armas para cambiar una sociedade expectante trala primavera árabe.

Contacto
foncortizo@gmail.com

ESQUECE_MONELOS_ANGELESHUERTAS1

ESQUECE MONELOS

Ángeles Huerta, 76', 2016, España
Director: Ángeles Huerta
Fotografía: Jaime Pérez
Produción: Marta Eiriz, Gaspar Broullón, Sepi Bazarra.
Montaxe: Sandra Sánchez
Música: Sergio Pena

Hai máis neuronas nun cerebro humano ca partículas no universo. Pero se as puxésemos unha trala outra, se intentásemos ordenalas dende o noso nacemento ata o día de hoxe, o único que veriamos sería un pequeno río. Un río insignificante e ao mesmo tempo infinito. Baixo as rúas da Coruña hai un río que moitos non lembran, pero que de cando en vez se desborda reclamando o que unha vez foi o seu curso. Esquece Monelos é máis ca unha película sobre ese río, hoxe convertido en sumidoiro. É unha película sobre as nosas propias correntes subterráneas.

Contacto
marta@dangadanga.com

LA_FUGA_DE_LOS-45_CRISTINACAAMANHO1

LA FUGA DE LOS 45

Cristina Caamaño, 21', 2016, España
Director: Cristina Caamaño
Fotografía: Eduardo Vasco
Produción: Carlos Fernández
Montaxe: David Escusa
Son: Arturo Aguilar
Ilustración: Javier Caamaño

O 2 de xuño de 1978, 45 presos do cárcere Modelo de Barcelona levaron a cabo unha das maiores fugas dunha prisión na historia de España. Casi 40 anos máis tarde, José Antúnez Becerra, un dos principais artífices da fuga, lembra o acontecido como un feito que, sen dúbida, marcaría a súa vida para sempre.

Contacto
lafuga45@gmail.com

LENDA-NEGRA

LENDA NEGRA

Elisa Celda, Claudia Gracia, Mario Sanz, Óscar Vincentelli, 38', 2017, España
Director: Elisa Celda, Claudia Gracia, Mario Sanz, Óscar Vincentelli.
Fotografía: Sara Gallego
Produción: Elisa Celda, Óscar Vincentelli, Mario Sanz, Claudia Gracia.
Montaxe: Chiayu Lin
Son: Angie He

A busca da lenda de Manuel Blanco Romasanta, o lobishome, da man de catro novos cineastas que repiten a súa ruta nun percorrido nocturno por pobos e bosques galegos. Miran no invisible, aí onde perdura o paso do tempo, na noite actual, buscando unha pantasma pasada e perdida.

Contacto
distribucion@ecam.es

MONTANHAS_ARDIENTES_HELENAGIRON1

MONTAÑAS ARDIENTES QUE VOMITAN FUEGO

Helena Girón e Samuel M. Delgado, 13', 2016, España
Directores: Helena Girón, Samuel M. Delgado
Son: Juan Carlos Blancas

O interior da terra convértese en refuxio fronte á ameaza que se achega á illa. Os tubos volcánicos actúan como vasos comunicantes entre espazos e tempos. Neles experiméntase a resistencia.

Contacto
helenagiron@gmail.com

O_EQUILIBRIO_DOS_OPOSTOS_BAAMONDE2

O EQUILIBRIO DOS OPOSTOS

Alberto Baamonde, 90', 2017, España
Director: Alberto Baamonde
Produción: Alberto Baamonde
Montaxe: Alberto Baamonde
Son: Martiño Méndez
Post-produción de son: David Machado, Javier Pato.
Música: Raúl Mon

En novembro de 2014, o cociñeiro do Grove Javier Olleros vese na obriga de pechar o seu prestixioso restaurante “Culler de Pau”, posuidor dunha estrela Michelin. Unha situación incontrolable que o destinaba á ruína, ata que Javier decide darlle a volta e converter o seu proxecto na realización do seu soño profesional. Un filme sobre a superación da adversidade, a familia e a cociña como redención.

Contacto
info@zinqin.com

QUIASMA_TONO_MEJUTO_GALICIA_2

QUIASMA

Tono Mejuto, 12', 2017, España
Director: Tono Mejuto
Asistenta de dirección: Iria Ares
Fotografía: Miguel Mariño, Tono Mejuto.
Produción: Tono Mejuto
Coreografía: Javier Martín
Música: Oleg Karavaychuk

Quiasma é unha peza de cinema-danza que recolle o proceso de investigación e creación coreográfica de Javier Martín para a súa obra La exforma, estreada en Setembro de 2016 no Teatro Colón de A Coruña. Filmada en celuloide branco e negro de 16mm, Quiasma sitúase na encrucillada entre as artes vivas e as artes visuais, nun ámbito de investigación colectiva ao redor das artes do movemento.

No acto de apertura teremos a sorte de contar coa participación en directo do seu protagonista. O artista contemporáneo Javier Martín presentará a súa coreografía Commutatio, coa música que lle regalou o mestre Oleg Karavaichuk.

Contacto
tonomejuto@gmail.com

RAPA_DAS_BESTAS_JAIONE_GALICIA

RAPA DAS BESTAS

Jaione Camborda, 10', 2017, España
Director: Jaione Camborda
Son: Juan Carlos Blancas

A tradición e o espectáculo lévanos a ser testemuñas da relación corpo a corpo do home e o animal nun contexto de loita.

| Filme en preestrea

Contacto
jaione@esnatu.com

 

 

RUST_ELOYDSEREN_GALICIA

RUST

Eloy Domínguez Serén, 14', 2016, España
Director: Eloy Domínguez Serén
Interpretación e son directo: Chris Porcarelli
Produción: Michael Krotkiewski
Edición de son: Leandros Ntounis
Post-produción: Vicky Miha

Unha paisaxe deserta, cuberta de neve. Un lugar e época indeterminados. Un home anónimo, atemporal, escorrega cara ao interior dun devastado edificio industrial. Está atrapado entre ruínas e ferruxe, testemuñas do paso do tempo. Avanza entre sombras e refugallos, seguindo un ritual tan preciso como críptico. Polifonía de materiais. O pasado resoa a cada paso. Ecos dunha presenza. Unha figura solitaria flota no abismo.

Contacto
eloydseren@gmail.com

SerLuz_1

MANUEL VILARIÑO. SER LUZ

José Manuel Mouriño, 70', 2016, España
Director: José Manuel Mouriño
Produción: José Manuel Mouriño
Guión: Alberto Ruiz de Samaniego, José Manuel Mouriño.
Música: Richard Wagner, Antonio Vivaldi, Benedetto Marcello.

Ser Luz amosa unha aproximación en imax á obra do fotógrafo galego Manuel Vilariño (Premio Nacional de fotografía en 2008) a través dalgúns dos principais motivos presentes na súa extensa produción: a mirada animal, os límites do observable, a imaxe do mar ou do lume… e incluso a mención aos escritos e á biografía do poeta José Ángel Valente.

Contacto
madeleineproducciones@gmail.com

UNA_VEZ_FUIMOS_SALVAJES_CARMENBELLAS1

UNA VEZ FUIMOS SALVAJES

Carmen Bellas, 61', 2016, España
Directora: Carmen Bellas
Fotografía: Michal Babinec
Produción: Gabriel Azorín, Gonzalo Martínez, Carmen Bellas.
Montaxe: María Antón Cabot
Guión: María Antón Cabot, Carmen Bellas.
Son: Clara Alonso
Música: Emilio Lorente

Una vez fuimos salvajes é unha conversa imaxinada entre a autora e o barrio de San Cristóbal, situado nos arrabaldes de Madrid. É un xogo constante entre formas e fondo, que enfronta os prexuízos da narradora coas emocións do espectador que a acompaña; un percorrido libre e suxerente que abandona de xeito progresivo o documental clásico e transfórmase nun ensaio en primeira persoa.

Contacto
natalia@playtimeaudiovisuales.com

VAI_CHOVER_SANTIAGODRISCO

VAI CHOVER

Santiago D. Risco, 30', 2016, España
Director: Santiago D. Risco
Fotografía: Santiago D. Risco
Produción: Santiago D. Risco
Son: Jonathan Herraiz

Nunha antiga caixa de puros habanos hai numerosos textos en papeis vellos. Moitos deles detrás de papeletas franquistas. Son do avó do director. Deullos a súa nai, ela xa os transcribira ao computador.O director reavívaos. Comeza a preguntar por estes textos e as lembranzas que os rodean. Pero hai partes do pasado que xa non se poden retratar.

Contacto
santiagodrisco@gmail.com