Archive for the ‘Play-Doc Festival’ Category

CONVOCATORIA ABERTA

17 Nov 2016

DATA LÍMITE DE ADMISIÓN 15 DE XANEIRO 2017
Play-Doc, Festival Internacional de Documentais, é un festival independente cuxos principais obxectivos son achegar ao público un cinema esencial e de difícil acceso, e xerar espazos para o diálogo e o intercambio. Cada ano, Play-Doc ofrece unha coidada selección das últimas tendencias do cinema de non ficción

Ler Mais

Saludo Claire Simon

21 Mar 2016

Play-Doc en Tui.
Pequena vila fronteiriza. Cada día, cada noite, preguntábame de onde saían todas aquelas persoas que enchían as salas deste festival.
Aqueles días de encontro cun público totalmente descoñecido foron extraordinarios.
Coñecín a críticos moi esixentes, cando non duros, ao tanto de todas as novidades do mundo, verdadeiros amantes da singularidade no cinema…

Ler Mais

Play-Doc revalida a súa sección da crítica

20 Xan 2016

Desde Play-Doc poñemos en marcha por segundo ano consecutivo a sección da crítica RESONANCIAS. Organizada en colaboración coa Asociación Convergencias de la Crítica Cinematográfica, que se encarga da selección dos títulos, este programa intenta funcionar como punto de unión para a crítica cinematográfica, en especial aquela máis puxante e nova, nada no seo de internet.

Ler Mais