AVANT-GUTTER

AVANT-GUTTER é un programa que rende homenaxe ao traballo do realizador afroamericano Charles Burnett. Podería dicirse que Burnett é un dos máis talentosos e importantes directores negros de América. Os seus traballos, que inclúen Killer of Sheep (1977) e To Sleep with Anger (1990) inspiraron en boa medida a miña obra, así como a de innumerables cineastas contemporáneos, como os que se inclúen nesta selección. Avant-Gutter é un termo popularizado polo prolífico director Kevin Jerome Everson. Avant-Gutter quere dicir cineastas vangardistas “felices de mostrar as súas películas onde sexa. Simplemente mostra o teu traballo e el porase a andar si propio” -Kevin Jerome Everson.

AVANT-GUTTER presenta sete películas, Dreams Are Colder Than Death (2014) de Arthur Jafa, Until The Quiet Comes (2012) de Kahlil Joseph, Drylongso (1998) de Cauleen Smith, Visual Insights: Bee Walker’s Family Story / Self Portrait: Rog Walker’s Family Story (2016) de Rog Walker, Erie (2010) de Kevin Jerome Everson, e When I Die, I Won’t Stay Dead (2015) de Billy Woodberry, así como unha curtametraxe miña, Bus Nut (2012). Todas estas películas supoñen respostas visuais ao día a día da cultura moderna afroamericana.

Burnett dixo unha vez: “Non me creo capaz de dar solución a problemas que estiveron aí desde hai moitos anos. Pero si podo presentalos de maneira que un sinta a necesidade de resolvelos.” Estas películas son un recordatorio doloroso da exasperante persistencia das condicións de desigualdade e iniquidade que se achan na diáspora africana. E con todo, todas elas representan a asombrosa resistencia e capacidade de adaptación da “negritude”.

As sete películas seleccionadas para este programa que rende tributo a Charles Burnett atravesan estereotipos, ofrecendo unha perspectiva real, chea de sensibilidade e lirismo, da condición humana da raza negra dende o interior. Lembro a primeira vez que vin a película Killer of Sheep de Burnett, sendo alumna de Billy Woodberry en Calarts. As imaxes resoaron no meu interior, en particular a escena da nena negra cantando con tenrura á súa boneca branca e que máis tarde orixinou a miña película Me Broni Ba (2009), cuxa estrea en España foi ese mesmo ano en Play-Doc. É unha honra para min poder presentar o meu traballo xunto ao de Burnett e poder realizar este programa coas obras de amigos e compañeiros para renderlle homenaxe.

por Akosua Adoma Owusu

and-when-i-die-i-wont-stay-dead

AND WHEN I DIE, I WON’T STAY DEAD

Billy Woodberry, 89', 2015, Portugal-EUA
Director: Billy Woodberry
Cámara: Pierre Desir
Montaxe: Amir Manesh Luis Nunes
Produción: The BK Project, Rosa Filmes

Nado en 1925 e considerado como o Rimbaud americano, Bob Kaufman contribúe coa súa singular voz ao imaxinario poético e político da literatura mundial. And When I Die, I Won’t Stay Dead é unha viaxe cara a feroz beleza da súa obra, que incide na importancia fundamental da poesía para a supervivencia moral da humanidade.

Contacto:
Rui Alexandre Santos
ruialexandresantos@outlook.com

bus-nut

BUS NUT

Akosua Adoma Owusu, 7', 2015, EUA
Dirixido, filmado e editado por Akosua Adoma Owusu
Produción: Obibini Pictures, LLC
Reparto: MaameYaa Boafo
Son: Kari Rae Seekins

Bus Nut escenifica o chamado “boicot do autobús”, unha protesta política e social contra a segregación racial no sistema de transporte público que tivo lugar en 1955 en Montgomery, Alabama, e a súa relación cun vídeo educativo sobre seguridade no transporte escolar.

dreams-are-colder-than-death

DREAMS ARE COLDER THAN DEATH

Arthur Jafa, 52', 2013, EUA
Dirixido por Arthur Jafa
Produción: Khalil Joseph, Onye Anyanwu, Asa Mader, Alexandra Johnes
Fotografía: Arthur Jafa, Malik Hassan Sayeed, Hans Charles
Montaxe: Khalil Joseph, Anthony Langdon, Lashawn McGhee
Con Kara Walker, Hortense Spillers, Fred Moten, Kathleen Cleaver, Charles Burnett, Wangechi Mutu, Saidiya Hartman and Melvin Gibbs, entre outros.

Pasaron cincuenta anos dende que Martin Luther King presentou o seu soño en Washington. Agora, as esperanzas e utopías daquel soño desvanecéronse, deixando tras de si expectativas minguadas e antigos terrores imperecedoiros. Que significa ser negro en America hoxe en día?

drylongso

DRYLONGSO

Cauleen Smith , 86', 1998, EUA
Directora: Cauleen Smith
Produción: Cauleen Smith, Salim Akil
guión: Cauleen Smith
Cámara: Andrea Black
Montaxe: Cauleen Smith
Reparto: Toby Smith, April Barnett, Will Power

Pica (Toby Smith) é unha moza loitadora, estudante de arte, que vive nun fogar disfuncional xunto a súa nai. A paixón de Pica é a súa arte. Para a súa clase de fotografía debe preparar unha exposición. Como tema elixe presentar os novos homes negros coma se se tratasen dunha especie en perigo de extinción. Coa única cámara que ten, unha Polaroid, Pica fotografía a todos os mozos da súa veciñanza, o que a fará coñecer a unha serie de persoas.

erie

ERIE

Kevin Jerome Everson, 81', 2010, EUA
Dirixida, producida, filmada e editada por Kevin Jerome Everson
Produción: Madeleine Molyneaux, Kevin Jerome Everson
Música: Zoe Scruggs, Mario Dade

Chea de imaxes de pura poesía, Erie explora a migración afroamericana dende o sur dos Estados Unidos cara o norte; as condicións actuais, os traballos e labores cotiáns, teatro e famosos obxectos artísticos.

Contacto:
Madeleine Molyneaux
picturepalacesale@yahoo.com

until-the-quiet-comes

UNTIL THE QUIET COMES

Kahlil Joseph, 4', 2012, EUA
Director: Kahlil Joseph
Música: Flying Lotus

Until the Quiet Comes é o cuarto álbum de estudio do produtor de música electrónica Flying Lotus. Flying Lotus lanzou así mesmo esta curtametraxe, dirixida por Kahlil Joseph. Filmada en 35 mm no proxecto de vivendas de Nickerson Gardens en Watts, Los Ángeles, a película incorpora tres cancións do álbum, See Thru to Ou, Hunger, e Getting There. A peza é unha descrición tráxica da vida urbana que mostra as interpretacións de Joseph sobre a inocencia, a violencia e a morte.

visual-insights

VISUAL INSIGHTS: BEE WALKER’S FAMILY STORY / SELF PORTRAIT: ROG WALKER’S FAMILY STORY

Rog Walker, 2', 2016, EUA
Unha peza de Rog Walker
Producida por Rog and Bee Walker

Producida por Rog e Bee Walker, Visual Insights é unha serie documental que consiste en retratos fixos e pequenos vídeos que teñen como obxectivo examinar en profundidade a comunidade creativa global dende a perspectiva da educación e as crenzas persoais.