Aloysio Raulino

Aloysio-Raulino-3

Coñecín a Aloysio Raulino cando, a finais da década dos oitenta, ingresei como alumno no curso de comunicación social e cinema da ECA-USP (Escola de Comunicações e Artes / Universidade de São Paulo). Nese período a produción brasileira de longametraxes fora cortada por un decreto do entón presidente da República que, disolvendo a empresa estatal de cinema EMBRAFILME, reduciu practicamente a cero a cantidade de longametraxes producidas en Brasil. A pesar de non existir ningún horizonte concreto na continuación da produción cinematográfica do país, o curso proseguía de forma utópica. Viamos e debatiamos vorazmente centenares de películas, principalmente rarezas en 16mm e 35mm que pertencían á filmoteca do departamento.

De entre estas películas, lembro ter acceso a copias bastante precarias da singular produción dun dos profesores, Aloysio Raulino. Eran curtametraxes, documentais estraños, moi diferentes daqueles aos que eu e unha grande parte do alumnado identificabamos coa produción brasileira nos anos 60 e 70, marcada no noso imaxinario por unha narración comprometida, omnipresente e didáctica.

Hoxe en día cambiei de opinión respecto de diversas películas que rexeitei naquela época. Pero non cabe a menor dúbida de que aquelas curtas de Aloysio Raulino foron as que espertaron o meu interese polo cinema documental. Curiosamente as súas películas non me dicían cousas, provocábanme. Máis que ensinar, facíanme pensar, cuestionar, querer saber máis. E empurrábanme a discusións apaixonadas e extremadamente enriquecedoras. De maneira moi particular, eu sentía no misterio das curtas de Aloysio Raulino, que a realidade necesitaba ser buscada urxentemente. E non soamente cos ollos da razón, nin con armas ideolóxicas. A partir das súas curtametraxes comprendín que as películas non teñen que esgotar os seus temas coa claridade fría dos datos obxectivos ou coa precisión da súa retórica. Comprendín que o cinema que me interesaba debía abrir portas, convidando con xenerosidade ao espectador a participar dos seus cuestionamentos.

Recoñezo hoxe a mestría de Raulino para facer as películas aparentemente simples que tanto admirei, pois hai un rigoroso camiño ata esa simplicidade. Mirándoas de novo vexo moito máis nítidas as decisións e a precisión dun mestre. Mestre que, coma os grandes, entrelaza a vida e a obra, deixando as pegadas da súa intelixencia e sensibilidade para sinalar camiños cara á sensibilidade e a intelixencia dos seus espectadores.

Aloysio dirixiu ao longo da súa carreira decenas de películas e vídeos marcados indeleblemente pola súa personalidade de cineasta e artista. Se hai pobreza e carencias retratadas en practicamente todos os títulos, en ningún deles existe o menor sinal de miseria. Pois os seus ollos e a súa cámara só deixaban entrever a dignidade das persoas ás que filmou, mesmo naqueles contextos tan adversos, tan elocuentes e tan reveladores dun Brasil subdesenvolvido.

Ao longo de toda a súa obra Aloysio sempre tivo a grandeza de ver por dentro, de rexeitar o fácil, as obviedades ou calquera tipo de auto-indulxencia. Nunca utilizou o cinema para demostrar ideas preconcibidas. Ao contrario, lanzouse á confrontación co outro, manténdose aberto ao espanto. Empuñando a súa cámara, cantas veces retratou a aparición non da dor, senón do pracer, nos momentos máis inesperados… Outros cineastas, sorprendidos, apagarían a cámara onde el daba un paso á fronte con firmeza e convencemento, pois non concibía de ningunha maneira a vida sen a total liberdade do pracer.

Despois da miña formación, tiven a honra de compartir con el proxectos, así como unha amizade próxima. Naqueles anos de convivencia entendín aínda mellor o seu lugar no mundo, a contribución incalculable dunha mirada singular e precisa nun universo cargado de excesos. Aloysio xa non investía en proxectos propios como director, pero demostraba unha enorme alegría participando como director de fotografía en proxectos de directores novos ou debutantes. Foi deste xeito, co seu talento e humanismo, que Aloysio Raulino ensinounos diariamente e sen présas a afinar a mirada e a non disociar, baixo ningún concepto, a emoción do intelecto e da ética.

Paulo Sacramento é cineasta e socio de Aloysio Raulino nas películas O Prisioneiro da Grade de Ferro (auto-retratos) e Riocorrente.

2-Arrasta-Bandeira-Colorida

Arrasta a Bandeira Colorida

Aloysio Raulino, Luna Alkalay, 12', 1970, Brasil
Unha película de Aloysio Raulino and Luna Alkalay
Animación: Marcelo G. Tassara

O entroido da rúa de São Paulo: o decorado, as escolas de samba, as asociacións, os bailaríns, o transo. Película realizada a partir de fotografías en branco e negro e con banda sonora de sambas clásicas.

12-Bracos-Cruzados

Braços Cruzados, Máquinas Paradas

Roberto Gervitz, 79', 1978, Brasil
Dirección: Roberto Gervitz, Sérgio Toledo
Produción: Hugo Gama
Fotografia: Aloysio Raulino
Montaxe: Roberto Gervitz, Sergio Toledo
Son: Roberto Gervitz
Música: Luiz Henrique Xavier

São Paulo, 1978. Tres listas dispútanse a dirección do sindicato dos traballadores metalúrxicos de São Paulo, o maior de Latinoamérica, con 300.000 afiliados. No medio das eleccións, eclosionan  as primeiras folgas sindicais que cambiarían o país.

9-Inventario-da-Rapina-

Inventário da Rapina

Aloysio Raulino, 26', 1985, Brasil
Dirección, guión, montaxe e fotografía: Aloysio Raulino
Produción: Wagner Carvalho
Son: Walter Rogério
Con: Tamy Marrachine, José Gomes, Piriri, Mineiro, Tavinho, Lia

Baseado nos textos do poeta Cláudio Willer, a película rexistra impresións sobre Brasil, podendo ser definido como un drama intimista-patriótico.

3-Jardim-Nova-Bahia

Jardim Nova Bahia

Aloysio Raulino, 15', 1971, Brasil
Dirección, Produción e Fotografía: Aloysio Raulino
Cámara: Aloysio Raulino e Deutrudes Carlos da Rocha
Montaxe: Roman B. Stulbach
Son: Paulo Valadares
Fotos: Luna Alkalay

Deutrudes Carlos dá Rocha, baiano de 24 anos, negro, analfabeto, vive en São Paulo e gáñase a vida lavando coches. A través da súa narración e empuñando a cámara, Deutrudes fainos partícipes das súas experiencias e da súa visión do mundo.

1-Lacrimosa-

Lacrimosa

Aloysio Raulino, Luna Alkalay, 12', 1970, Brasil
Realización: Aloysio Raulino e Luna Alkalay

Os arredores da, naquela altura recén aberta, Marginal Tietê, importante autovía de São Paulo: favelas, fábricas, terreos baldíos. Pero, principalmente, os habitantes da súa contorna.

8-Noites-Paraguayas-

Noites Paraguayas

Aloysio Raulino, 93', 1982, Brasil
Dirección: Aloysio Raulino
Guión e Fotografía: Aloysio Raulino y Hermano Penna
Produción: Tania Savietto, Wagner Carvalho.
Montaxe: José Motta
Son: Walter Rogério
Reparto: Rafael Ponzi, Ana Maria Ferreira, Felisberto Duarte, Emmanuel Cavalcanti, José Dumont, Aurora Duarte, Sérgio Mamberti, Célia Maracajá, e o índio Alberto.

Rosendo deixa a súa pequena cidade natal, no interior de Paraguai, para probar sorte na capital, en Asunción. De aí continúa para São Paulo, onde se hospeda en casa duns paisanos. Cando regresa a Paraguai, atópase cun país moi cambiado.

7-0-Porto-de-Santos

O Porto de Santos

Aloysio Raulino, 19', 1978, Brasil
Dirección, guión e fotografía: Aloysio Raulino
Produción e narración: Tania Savietto
Montaxe: José Motta
Son: Roberto Gervitz, Hugo Gama, Mario Masetti, Miguel Sagatio

As paisaxes e as xentes do porto de Santos, o maior de América Latina, mestúranse na visión poética do traballo nos peiraos e as noites bohemias dos embarcadoiros.

10-O-Prisioneiro-da-grade-de-ferro

O Prisioneiro da Grade de Ferro (Auto-Retratos)

Paulo Sacramento, 123', 2003, Brasil
Dirección: Paulo Sacramento
Asistente de Dirección: Dennison Ramalho
Produción: Gustavo Steinberg, Paulo Sacramento
Fotografía: Aloysio Raulino
Son: Robin, Márcio Jacovani, Ricardo Reis
Montaxe: Idê Lacreta, Paulo Sacramento

O sistema penal brasileiro visto desde dentro. Un ano antes da demolición da casa de detención de Carandiru, os presos aprenden a utilizar cámaras de vídeo e comezan a documentar o seu día a día no maior cárcere de Latinoamérica.

6-O-Tigre-e-a-Gazela

O Tigre e a Gazela

Aloysio Raulino, 14', 1977, Brasil
Dirección, guión, fotografía e montaxe: Aloysio Raulino
Produción: Aloysio Raulino, Tania Savietto e Jorge Bouquet
Son: Clodomiro Bacelar e Romeu Quinto
Narración: José Luiz Franca

As imaxes de pobreza e dignidade das persoas que aparecen nesta película se yuxtaponen aos textos de Frantz Fanon, importante escritor negro e militante político da Martinica, que foi partícipe da liberación de Alxeria, e que morreu con 36 anos de idade.

11-Serras-da-desordem

Serras da Desordem

Andrea Tonacci, 135', 2006, Brasil
Dirección, guión e produción: Andrea Tonacci
Produtores: Sérgio Pinto de Oliveira, Wellington Gomes Figueiredo
Fotografía: Aloysio Raulino, Alziro Barbosa, Fernando Coster
Montaxe: Cristina Amaral
Música: Ruy Weber

Escapando do masacre da súa tribo Awa-Guajá en 1978, Carapiru vivirá errante e só polas serras do centro de Brasil, ata que 10 anos máis tarde será atopado a 2.000 km de distancia do lugar de onde fuxiu. Andrea Tonacci xunto a Carapiru reconstrúe esta odisea mediante recreacións e material de arquivo.

5-Taruma-

Tarumã

Aloysio Raulino, 14', 1975, Brasil
Realización: Futura Filmes.
Equipo: Aloysio Raulino, Guilherme Lisboa, Mário Kuperman e Romeu Quinto.

Contundente declaración sobre a educación e as condicións de traballo no campo, que denuncia as raíces da explotación e o estado de miseria da poboación campesiña.

4-Teremos-Infancia

Teremos Infância

Aloysio Raulino, 12', 1974, Brasil
Dirección, guión e fotografia: Aloysio Raulino
Produción: Luna Alkalay e Mario Masetti
Montaxe: Roman Stulbach
Son: Mario Masetti

Abandonado cando era neno, Arnulfo Silva relata as dificultades da súa infancia, durante a cal foi vítima de todo tipo de sufrimentos e humillacións.

Tui