Noticias

Aberta a convocatoria para participar na XVI edición de Play-Doc Festival

7 Ago 2019
FOTO_PLAY-DOC

Play-Doc é un festival independente que se celebra na antiga e fermosa cidade galega de Tui, na fronteira entre España e Portugal. Cada ano Play-Doc presenta unha coidada selección de programas competitivos e non competitivos, así como de retrospectivas de realizadores mundialmente aclamados e tamén de directores de culto e independentes cuxa obra permaneceu descoñecida, censurada ou esquecida.

Entre os obxectivos do festival está o de xerar diálogo ao redor do cinema de ficción/non ficción, presentando e redescubrindo clásicos do cinema así como mostrando as últimas tendencias de todo o mundo, a unha audiencia diversa, numerosa e participativa.

Datas.

A XVI edición de Play-Doc, festival Internacional de Documentais terá lugar do 29 de abril ao 3 de maio de 2020.

Requisitos.

As inscricións están abertas a películas de todas as duracións e temáticas, finalizadas a partir de xaneiro de 2019. O festival dará prioridade a aquelas cuxa presentación no festival supoña a estrea en España.

Competición e premios.

Todas as películas seleccionadas para o programa a competición serán candidatas a un premio en metálico de 2.000€ máis trofeo, que outorgará un xurado de prestixio internacional.

Inscrición.

Todas as películas inscritas deberán pagar unha cota de inscrición.

– curtametraxes e mediometraxes (até 60min)  5€

– longametraxes (a partir de 60min)  10€

O pago farase unicamente a través do formulario de inscrición online.

Selección.

Todas as películas inscritas serán consideradas tanto para as categorías a competición como para as non competitivas e será a dirección artística do festival a que realice dita selección. A ubicación das películas (días e horarios) no programa final será tamén decisión da organización do festival.

Notificacións.

O festival tan só porase en contacto cos representantes das películas seleccionadas. A programación completa irase anunciando antes do comezo do festival na nosa web www.play-doc.com

Data límite de inscrición.

A convocatoria permanecerá aberta até o 15 de febreiro de 2020.

Aceptación.

A inscrición e participación no festival supón a aceptación do regulamento. Nos casos non especificados será a organización do festival a que decida.

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Share

Facebook Twitter Pinterest
Tui