Licenciada en Historia pola universidade da Sorbona, Constance de Corbière comeza a súa carreira en Radio France como produtora de emisións, despois xunto a René Koering, funda o festival de Radio France e de Montpellier. Crea a súa propia produtora de concertos de música barroca e contemporánea coa que percorre todo o mundo e é á súa vez conselleira musical de numerosas películas de ficción e documentais. Traballa tamén no Ministerio de Asuntos Exteriores como agregada cultural en Canadá e Berlín. Actualmente traballa na Dirección Xeral de CENTQUATRE, un espazo artístico de creación e produción situado na cidade de París.
|