Noticias

CINEMA GALEGO EN PLAY-DOC 2018: 10 TÍTULOS E 3 PROCESOS

19 Abr 2018
ALIX

Beli Martínez, programadora da sección de cinema galego, destaca que Play-Doc é “unha cita básica para todas as persoas que fan cine en Galicia, un punto onde nos encontramos, onde nos recoñecemos e, tambén, onde nos divertimos. A selección de filmes galegos no 14º Play-Doc: “Alberto García Alix. La línea de la sombra” (Nicolás Combarro, 2017), “Algunhas nubes flotan lonxanas” (Gonzalo E. Veloso, 2017), “M.” (Ángel Santos, 2017), “Nueva Galicia” (Iván Nespereira 2017), “O salvaxe leva o seu tempo” (Oliver Laxe, 2018), “O fareiro de Sálvora” (Gloria Vilches, 2017), “Os fillos da vide” (Ana Domínguez, 2017), “Salitre nas veas” (Adrián Canoura, 2017), “Trinta lumes” (Diana Toucedo, 2018).

Unha combinación de filmes de autores novos e algúns xa prestixiados, con diferentes enfoques, incluíndo formatos máis experimentais. “O cinema é o mellor embaixador que pode ter a cultura en Galicia. Máxima calidade que se reflicte na presenza do cine feito aquí en citas internacionais de referencia”, sinalou Beli Martínez.

Máis cinema galego no 14º Play-Doc con “ Tres procesos”, unha iniciativa para que o público participe nun encontro con cineastas e coñecer así os seus procesos creativos. Oliver Laxe, Eloy Enciso e Lois Patiño compartirán o seu “modo de facer” co público do festival explicando os seus respectivos procesos cos filmes nos que están traballando: “Aquilo que arde” de Laxe, “Tempo vertical” de Patiño e “Longa Noite” de Enciso, un filme persoal sobre a memoria, represión e posguerra con textos de autores como Luis Seoane ou Ramón de Valenzuela.

Share

Google Plus Facebook Twitter Pinterest
Tui