‘AMA-SAN’, DA PORTUGUESA CLÁUDIA VAREJÃO, GAÑADORA DO PREMIO PLAY-DOC

25 Mar 2017
ganadorayjurado.tamaradelafuente

− O xurado valora “o seu traballo impecable, sen imaxes superfluas nin editorializantes”

 – A película estreouse en España este sábado no festival de Tui

-O documental “logrou condensar o que calquera cineasta desexa retratar”

 

 

A película Ama-San, da portuguesa Cláudia Vairejão, é a gañadora  da 13ª edición de Play-Doc Festival Internacional de Cine Documental. Así o decidiu esta noite  o xurado da sección oficial, que valorou “a creación dun traballo impecable sen imaxes superfluas ou editorializantes”.

“A película logrou condensar o que calquera cineasta desexa retratar, a través dunha extraordinaria fotografía, un ritmo pausado e un modesto control, que encaixa perfectamente co recoñecemento aos seus protagonistas”, destaca a acta do xurado, formado por Carmen Gray, Jake Perlin e Philippe Azoury. O xurado destacou o complicado que foi realizar unha selección entre cinco películas de tan alto nivel, algo que non é fácil de atopar en ningún dos festivais nos que participaron como xurados.

Varejão realizou este mesmo sábado en Tui a estrea en España desta a súa primeira longametraxe, n que se aproxima á historia de Matsumi, Mayumi e Masumi, tres mulleres que mergullan diariamente a pulmón en Wagu, un pequeno pobo pesqueiro da península xaponesa de Ise, para arrincar a orella de mar das rocas. As Ama-San practican a pesca de mergullo desde fai máis de 2.000 anos. Ama-San competía con outras catro películas: Omar y Gloria, de Jimmy Cohen; Le Concours, de Claire Simon; Libera Nos (Liberami) e El futuro perfecto, de Nele Wohlatz.

A neozelandesa Gray, residente en Berlín, é unha recoñecida xornalista freelance e crítica de cine que exerce de programadora e como membro do comité de selección da Semana da Crítica de Berlín. Jake Perlin édirector artístico e director de programación na sala Metrograph, en Manhattan (Nova York). Ex crítico de cine de Libération e antigo colaborador de Lles Inrocks, Cahiers du Cinéma e Vogue, Philippe Azoury é na actualidade editor cultural de Grazia.

Share

Google Plus Facebook Twitter Pinterest